A LINGUA DE CONTRABANDO

A lingua de contrabando é unha comedia na que a música, o teatro, a narración oral e a cociña se unen para estimular a memoria colectiva por volta da lingua. A memoria das historias que pasan de boca en boca, das historias de contrabando. Tomamos as historias que a xente nos foi contando sobre Castelao como pretexto, como fío condutor para falar das nosas historias, das historias da nosa parroquia.

Sinopse

A lingua de contrabando é un espectáculo creado co apoio do Festival da Poesía do Condado e o Festival Barosa Líquida que nace da xira realizada co proxecto “A lingua na boca” para celebrar o Ano Castelao. A lingua de contrabando xoga cun espazo escénico reducido adaptable tanto a interior como exterior e uns poucos elementos para falar da vida e da morte, para falar da lingua, das festas, nacementos, comidas, enterros, para falar de nós. A función non comeza nin remata, fúndese na cotidianeidade cun pre e un post espectáculo no que o encontro, a conversa e o diálogo por volta dun café fan que se intercambien historias, sabores e saberes.

A lingua de contrabando é sen dúbida un intercambio, unha troca.

A lingua de contrabando é unha comedia, un divertimento teatral e musical co que xogar coa nosa lingua e coa nosa historia. A través do paralelismo entre o contrabando da fronteira entre Galicia e Portugal e o contrabando cultural de ideas, solucións, historias, libros e palabras que pasan de man en man e de boca en boca alén da Galiza oficial “A lingua de contrabando” dialoga co noso presente lingüístico e cultural de xeito áxil e sen prexuizos. O contrabando naceu como unha necesidade de supervivencia, como un xeito de alimentar a un país esmorecente e pode que a supervivencia do galego pase polo contrabando, por todas aqueles e aquelas contrabandistas culturais que o manteñen vivo.

Filmaxe

Equipo

  • Elenco: Fran Núñez e Brais Iriarte
  • Dramaturxia e dirección: Fran Núñez
  • Dirección e composición musical: Brais Iriarte
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Espazo: Tzisko Oliva
  • Iluminación: Paco Pacheco
  • Produción: Fran Núñez

Preme

La sexta edición de Barosa Líquida triunfa con actividades para niños y mayores

DIario de Pontevedra

Música, teatro, magia y artes plásticas, en la sexta edición de “Barosa Líquida”

Faro de Vigo