A LINGUA NA BOCA

Limiar Teatro (…) ataca pola parte escénica do mesmo xeito que pola parte teórica: desprexuizadamente, dándolle máis importancia ao discurso que á corrección da caligrafía con que se escribe. Confía na personalidade do retratado para espertar o interese do público e deixa que o espectador poña os detalles que faltan. Non explicita as conclusións pero mostra meticulosamente o itinerario que hai que seguir para chegar a elas.
Manuel Xestoso
Faro de Vigo (7/7/2017)

Sinopse

‘A lingua na boca’ nace no marco da programación teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha obra creada especificamente para achegar, dun xeito contemporáneo e atractivo, a figura de Castelao ao público actual. Para isto, os actores botan man da música, do humor e da narración oral.

‘A lingua na boca’ parte de textos do propio Castelao combinados con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do autor pontevedrés de adopción. As historias acompáñanse de temas musicais e melodías tradicionais galegas actualizadas e interpretadas en directo con diferentes instrumentos como guitarra, contrabaixo, flautas e melódica. Cunha escenografía sinxela vanse repasando as diferentes facetas do Castelao médico, debuxante, escritor e político, para amosarllas ao público dun xeito comprensible e suxestivo.

É espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao, unha das principais figuras da historia da Galiza, porén, non é pasado, é presente e futuro. Dende esa premisa constrúese un espectáculo que serve de homenaxe e de reflexión compartida sobre o seu legado, pois Castelao está máis de actualidade que nunca.

Filmaxe

Equipo

  • Elenco: Fran Núñez e Brais Iriarte
  • Dramaturxia e dirección: Fran Núñez
  • Dirección e composición musical: Brais Iriarte
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Espazo: Tzisko Oliva
  • Iluminación: Paco Pacheco
  • Produción: Fran Núñez

Preme

Festas de San Mamede de Mos

Faro de Vigo

Entrevista en Radio Nova

by Limiar Teatro - A lingua na boca

Critica Manuel de Xestoso A lingua na boca.

Faro de Vigo