A MÚSICA NON AMANSA ÁS BESTAS

“A música non pode parar unha bala, pero si deter a man de quen preme o gatillo”
Sinopse
A música non amansa ás bestas é a historia dun compositor obsesionado coa música. Tal é a súa obsesión que quere facer unha obra musical “perfecta”, como a música do personaxe mitolóxico Orfeo, a cal se dicía que era tan perfecta que podía amansar ás bestas. Para compoñer esta peza ten como axudante á inspiración, ou como se fai chamar: “a musa”, a que lle fará ver outra perspectiva da música, quitándolle esa obsesión de perfección da cabeza.
O compositor vai probando co espectador a súa obra a través dos estilos, da harmonía e da melodía. Pouco a pouco vai descubrindo a importancia, que teñen na sociedade, elementos como o silencio, a paixón, a sensibilidade, a creatividade e a música, trocando esa idea inicial de amansar pola de facer unha obra para reflexionar.
A música non amansa ás bestas é un espectáculo no que, a través do teatro, a música e a comedia, o espectador reflexiona sobre a sociedade pasada, presente e futura. Nesta peza preséntanse cuestións ao público, que só el poderá responder: que é xusto? Vivimos nunha sociedade tribal, individual ou colectiva? Por que coñecemos mais homes no mundo das artes, e en xeral, que mulleres? Queremos mudar isto? De ser así, que podemos facer para cambialo?
A música é o fío que une todo, a música está e estará presente sempre nas nosas vidas; con ela choramos, rimos… pero tamén bailamos, a música úsase para facer “o ben” pero tamén “o mal”… ou non. Diso xa nos encargamos os seres humanos. A música é, esencialmente, unha ferramenta de comunicación, o “idioma universal” que todos entendemos pero ninguén interpreta da mesma forma. Unha sociedade sen música non pode existir, o silencio tamén é música, e ás veces, a mellor das melodías ou das palabras. A música existe por que a escoitamos, unha sociedade educada en escoitar música é unha sociedade educada para escoitar aos demais.
Equipo
- Elenco: Iván Davila e Brais Iriarte
- Dramaturxia e dirección: Brais Iriarte
- E.S.P: Jose Manuel Núñez
- Espazo e iluminación: Don Corcheiro e Brais Iriarte
- Equipo de produción: Carlos Martínez Carbonell e Brais Iriarte
- Deseño de cartel e deseño gráfico: Lucía Sánchez
Datos básicos
- Idiomas: Galego/Castelán.
- Duración estimada: 70min
- Idade recomendada: maiores de 12 anos.
- Requisitos escénicos desexables espazo: 9 x 6x 5m
- Requisitos escénicos mínimos espazo: 5 x 5 x 3m Técnica adaptable.
Espectáculo modular adaptable ao espazo e a cada contido formativo requirido.
(ESO e Bacharelato)
Dispoñible taller:
A MÚSICA, UNHA FERRAMENTA DE COMUNICACIÓN
+ en Dossier