DON QUIXOTE

“Recomendamos esta representación dado o éxito que tivo entre o alumnado e a novidade na forma de facer que coñezan o Quixote.”

IES Jaroso. Cuevas del Almanzora (Almería)

Sinopse

*Mais de 120 funcións en España, Francia, Brasil e Portugal

**Espectáculo seleccionado na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e na Red de Teatros de Castilla – La Mancha

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o “Potaxe de vixilia” O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?.

Un espectáculo para todos os públicos no que durante o proceso de creación xeráronse máis de 3 horas de materiais dos cales se seleccionan 50 minutos segundo as idades dos espectadores. A proposta pode adaptarse a campañas escolares segundo os intereses do profesorado e alumnado de primaria e secundaria podendo poñerse o acento en diferentes pasaxes da obra de Cervantes ou na dieta mediterránea con contidos supervisados pola Fundación Dieta Mediterránea. Quixote é un espectáculo ideal para gozar en familia nenos e maiores a través da gastronomía e a literatura.

Totalmente adaptable a espazos non convencionais. Un gran espectáculo e unha gran historia en formato de peto.

Video

Equipo

  • En escena: Fran Núñez
  • Mestre Cociñeiro: Jose Manuel Hernández
  • Dirección: Nuria Gullón
  • Dramaturxia: Sergio Macias
  • Textos: Cervantes e outros autores
  • Adaptación dramatúrxica: Fran Núñez
  • Colaboración escénica: Manuel Polo
  • Espazo: Fran Núñez e Pablo Iriarte
  • Iluminación: Fran Núñez
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Produción executiva e idea orixinal: Fran Núñez
  • Produción: Cris Alonso e Candi Álvarez
  • Produción Francia: Enora Trebern
  • Produción Brasil: Karol Nurza
  • Distribución: Carlos Matínez Carbonell
“Una función irrepetible, tan secilla como llena de encanto” Hugo Álvarez

Butaca en Anfiteatro

“Recomendamos esta representación dado o éxito que tivo entre o alumnado e a novidade na forma de facer que coñezan o Quixote” IES Jaroso

Cuevas del Almanzora (Almería)

“Pareceume entretido, divertido e gracioso. Sorprendinme ao ver algo diferente. O potaxe riquísimo” (Alumna de 3º de ESO)

“Un espectáculo totalmente diferente,bien llevado, que nunca decae..50 minutos quebien pasan voando” María Fernández.

Cazadores de Sombras y Libros. Festival Escena Cervantes.

“Estivo ben xa que ia contando a historia do Quixote e a vez a ia representando con todos os ingredientes”. (Alumna de 3º de ESO)

“Mistura a cicoña co humor e as participacións dos mozos do público. Gustoume moito e paseino xenial, ata chorei de risa” (Alumna de 3º de ESO)

“Destacar a idoneidade dos contenidos do espectáculo. Permitome recomendar a outros centros ampliamente a Limiar Teatro” Amalia Fernández.

Xefa do Depatamento de Lengua Castellana y Literatura do IES de Cangas del Narcea.

“A verdade é que me gustou moito xa que non é unha aburrida obra de teatro como esperaba.” (Alumno de 2º ESO)