OS CATRO DA XUNQUEIRA

“Moi entretida e participativa, unindo música,monicreques, malabares e xogos circenses. Ademáis cabe destacar os valores que transmite basados na defensa e coidado, en xeral, do noso patrimonio cultural e social; e, en particular do medio rural, dos nosos pobos, aldeas, oficios e tradicións. O resultado: moitas risas, algún que outro susto en Infantil, e unha gran admiración e agradecemento a este grupo de artistas.”
Función Crecente

Sinopse

Limiar teatro de Vigo e MAO de Viana do Castelo en coprodución coa Agadic a través Centro Dramático Galego e a Dirección Xeral da Artes e Espectáculos de Portugal. Cofinanciado pola Unión Europea dentro do Programa Creativa.

Un espectáculo divertido e cunha estética coidada baseado na historia de tradición oral “ Os catro amigos”, presente tanto na cultura galega como na universal e dirixido a un público infantil e da terceira idade. Nela Can, Burro, Gato e Galo foxen da cidade para atopar o seu lugar nun rural despoboado.

Como temas están o despoboamento rural e a relación que establecen home e rural, así como coa cidade. Actores cunha completa formación semellante ao ideal do actor polivalente da commedia dell´arte que dean vida a personaxes moi estilizadas construídas a partires da humanización do can, o gato, o boi e o galo.

Estética cartoon creada por medio dunha escenografía, maquillaxe, vestiario e iluminación cunha atmosfera de conto,de cómic, de debuxo animado.

Vestiario pintado a man, escenografía modular elementos inflables, iluminación con cores intensas sobre chan branco e xogos con lámpadas e lanternas.

Música en directo que fusiona instrumentos tradicionais con instrumentos urbanos e contemporáneos. Xogos e investigación con “instrumentos non musicais”: martelos, culleres, vasos… Música con “ instrumentos” cotiáns.

Participación activa do público por medio de interactividades musicoterapéuticas e de experimentación sensorial.

Un espectáculo adaptable a todo tipo de espazos, para facer chegar o teatro a xente por medio de representacións en lugares non convencionais.

Filmaxe

Equipo

  • En escena: Alexander Vorotsov / Ruben Dominguez, Jose Carlos Illanes / Fran Núñez, Manuel Polo / Brais Iriarte e Lucía Hernández / Silvia Santos
  • Dirección: Fran Núñez e Nuria Gullón
  • Equipo de dirección: Nuria Gullón (Voz), Jose Carlos Illanes (música), Marcos Grande (movemento e acrobacia) e Marcos Pais (interactividades)
  • Dramaturxia: Mary Paz Alonso e Fran Núñez
  • Espazo e figurinos: Fran Núñez e Diana Silva Días
  • Iluminación: Pablo Iriarte e Fran Núñez
  • Son: Dani Figueroa
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Confección: Lourdes Rodríguez
  • Cidade: Pepe Guitian
  • Bonecos: Brais e Noa Iriarte
  • Produción executiva: Ana Paula Días e Fran Núñez
  • Produción: Cris Alonso, Candi Álvarez e Lucía Hernández

Preme

“Tradición oral, paisajes sonoros y artes escénicas se suman al proyecto transnacional de Limiar Teatro”.

Cultura Galega

XV Aniversario Ponte nas ondas “Os catro da Xunqueira es un espectáculo didáctico e interactivo que integra teatro, música, danza, acrobacia y malabares con la participación activa del público”.

Ferrol con lingua

Teatro en la Escuela: Os castro da Xunqueira “La obra resultó muy entretenida y participativa, uniendo música, malabares y juegos circenses. Además, cabe destacar los valores que transmite basados en la defensa y cuidado, en general, de nuestro patrimonio cultural y social; y en particular del medio rural”.

Os Ollos do Miño