PANGEIA

“Une danza, teatro e música nunha posta en escena extremadamente contemporánea. O talento dos atores engrandece a montaxe”

Mateus Araujo. Diario de Noticias (Recife)

“Musical contemporáneo onde os haxa. Parodia crítica e hilarante(…) cunha factura exterior impecable, unha forza visual calmada e estimulante”

Roi Vidal. RGT Crítica

Sinopse

*Premio Suso Díaz XX Miteu Ourense / Seleccionado na Bienal de Culturas Lusófonas 2015

PANGEIA creado pola compañía galega Limiar Teatro coa brasileira Acaso Danza, o Centro Dramático Galego, a Asociación de Produtores de Artes Escénicas de Pernambuco APACEPE, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e o Centro Cultural Malaposta de Odivelas AM-Lisboa.

PANGEIA é un punto de encontro. Un espectáculo onde conflúen por un instante e antes de continuar o seu camiño, sete intérpretes (música, teatro e danza) de distintas nacionalidades. Un elenco que variará a cada xira con artistas que entren e artistas que saian, nese ir e vir crecendo con encontros e despedidas como a deriva continental que deu lugar a Pangeia.

PANGEIA é unha proposta de creación que nace nun momento persoal de grandes cambios e na reflexión sobre o noso momento histórico: O cambio climático e unha nova gran crise económica e social que se traduce nunha división pronunciada de clases, en grandes éxodos e nunha paulatina redución de dereitos e liberdades que os gobernos compran a cambio de seguridade. A medieval cultura do medo.

PANGEIA é onde coincide o fin deste tres camiños: O gran ciclo da Terra, o da sociedade e o máis curto do ser humano. PANGEIA é onde se produce o irreversible, doloroso e á vez pracenteiro cambio de ciclo… PANGEA é parir e PANGEIA é dar a luz. É dor, é alegría.

PANGEIA é o fin do noso ciclo persoal. É o último berro a través do teatro,a comedia, a danza, a música, a cociña.. antes de volver nacer, a gozar e a tropezar na mesma pedra.

PANGEIA é un encontro que, como a terra que pisamos, nunca será dúas veces igual.

**Espectáculo adaptable a espazos singulares (patios, igrexas, prazas…) coaas necesidades técnicas específicas para cada proposta.

Filmaxe

Equipo

  • En escena (7 artistas en varios elencos): Barbara Aguiar, Coco Castro, Ana Catarina Maia, Fran Núñez, Karol Nurza, Bruna Martíns, Manuel Polo, Hugo Rodríguez , Raquel Rúa
  • Dirección e dramaturxia: Barbara Aguiar e Fran Núñez
  • Textos e adaptación dramatúrxica: Fran Núñez
  • Dirección musical, xestual e asistente de dirección: Jose Carlos Illanes
  • Composición musical: Jose Carlos Illanes
  • Dirección vocal: Nuria Gullón
  • Asistente de coreografía: Fernando Oliveira
  • Ambiente sonoro: Coco Castro
  • Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Produción executiva: Bárbara Aguiar e Fran_Núñez Produción local _Janeiro de Grandes Espectáculos: Iris Macedo Acaso: Andrea Silva _Limiar: Cris Alonso, Candi Álvarez _CDG: Fran Veiga__Boccacione: Carol Gonçalves. Presidente APACEPE: Paulo de Castro. Director do Centro Cultural Malaposta: Manuel Coelho. Director do Centro Dramático Galego: Manuel Guede

Preme

“Une danza, teatro y música en una puesta en escena extremadamente contemporánea. El talento de los actores engrandece el montaje” Mateus Araujo

Diario de Noticias (Recife)

“Musical contemporáneo por excelencia. Parodia crítica e hilarante(…) con una factura exterior impecable, una fuerza visual calmada y estimulante” Roi Vidal

RGT Crítica

“Sin duda, un espectáculo muy recomendable para aquellos a los que les guste ir al teatro para disfrutarlo a la vez que algo va removiendo y nos haga pensar en lo que estamos viendo.” Iria Esperón

Teatro entre Lusco e Fusco.