SE FOSEN TURISTAS LEVARÍAN GAFAS

Se fosen turistas levarían gafas de sol (…) l O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Fran Núñez, fusiona o teatro e a música en directo de Brais Iriarte para reflexionar en clave de comedia sobre a nosa emigración pasada e futura. Faino a través das historias persoais dos artistas que integran o elenco, afondando no acontecido como metáfora do presente…. Santiago Galicia Exterior (31/10/2019)

Sinopse

Se fosen turistas levarían gafas de sol é o segundo proxecto da triloxía do espazo e do tempo, que se desenvolve dende hai cinco anos e no que investigamos sobre a memoria colectiva, a idea de ciclo, o concepto de progreso, espazo-territorio e tiempo.

O primeiro proxecto Pangeia  (2014/2015) tomou como punto de partida os ciclos da tierra, os ciclos da sociedad e os ciclos na vida do ser humano.

O proxecto usa a emigración galega, concretamente a historia familiar de Fran e Brais, “os netos da Pacita”, de Limiar teatro. A partir da foto tomada no porto de Vigo o día en que se dividiu a súa familia, parte partiu cara América e parte ficou. Fálase da nosa memoria, da permeabilidade social, a identidade e o sentimento de arraigo. O espectáculo nace coma unha proposta de teatro documento autoficcional na que convídase a diferentes artistas  a que compartan a súa memoria da emigración: a dos que marchan e os que quedan alí, a dos que reciben emigrantes, a das 2ª e 3ª xeracións e a dos que ficaron e non marcharon. Non obstante o foco non está en falar do presente, as conexións son tantas que é difícil que os pensamentos do público e artistas non enlacen coa emigración de hoxe.

Se fosen turistas levarían gafas de sol é un espectáculo no que, a través da palabra, a música en directo, o son, o movemento, a danza e o audiovisual se presenten en escena, pasaxes das nosas historias familiares ligadas ao exilio e a emigración. O fin é recuperar a memoria como metáfora do presente no que vivimos. Existe un paralelismo entre o que sucedeu con nós en décadas atrás, o que segue a suceder no mundo e, infelizmente, o que sucederá.

Filmaxe

Equipo

  • Elenco(Variará ao lo longo do proxecto, composto por 7 persoas ou máis que poden non ser actrices ou actores)   

PORTUGAL: Manuel Coelho, Luis Filipe Silva e Patrícia Moreira                                                         

URUGUAI: Iván Solarich, Mariano Solarich, Magdalena Fernádez e Martina Fernández                

GALICIA: Fran Núñez e Brais Iriarte

VALLADOLID: Sara Velasco e Jose Barbado 

EL SALVADOR: Alicia Pacas, Laura Pacas e Delia Pacas     

  • Dramaturxia e dirección: Fran Núñez
  • Dirección e composición musical: Brais Iriarte
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez
  • Equipo de produción: Carlos Martínez Carbonell e Fran Núñez

 

Prensa

(…) dramaturxia e dirección de Fran Núñez, fusiona o teatro e a música en directo de Brais Iriarte para reflexionar en clave de comedia sobre a nosa emigración pasada e futura.

Galicia Exterior

(…) Pódese facer unha festa partindo da nostalxia? A xulgar polo que propón a representación, a resposta é un rotundo si.

Hugo Álvarez Domínguez

Butaca en anfiteatro

'Se fosen turistas, levarían gafas de sol', de Limiar Teatro

Entrevista na Radio Galega a Fran Núñez

(…) Se fosen turistas levarían gafas de sol non é só unha peza emotiva e chea de beleza, senón que tamén é unha montaxe moi necesaria.

Critica Ana Abad Se fosen turista levarían gafas de sol

Ana Abad de Larriva

Erregueté revista galega

Chega a Bos Aires 'Se fosen turistas levarían gafas de sol' a emigración galega en clave de humor

vídeo na G24.gal

"Emigrar non pode ser un estigma". Falamos cos actores Fran Núñez e Manuel Coelho

Entrevista no programa Zig Zag na G24.gal

Se fosen turistas levarían gafas de sol. Límites e memorias 

(…)Personaxes e historias evocadas e invocadas polo relato de persoas de hoxe, dende o aquí e agora celebratorio e festivo de esta reunión teatral a que, como espectadoras e espectadores somos convocados. Coralidade e horizontalidade, sen protagonistas e antagonistas, sen dramas de ficción. Máis ben dende o xogo da recuperación da memoria, que é outra forma de ficción, asentada nunha certa base documental e testemuñal.(…)

Afonso Becerra

ARTEZBLAI el periódico de las Artes Escénicas