VERBUM FAHRENHEIT

A temática da peza vira sobre a importante relación que se establece entre a oralidade e a escrita e como existen pontes nun e outro sentido que fan que unha lingua se manteña viva.
Sinopse
Verbum Fahrenheit é un espectáculo coproducido por Limiar teatro e o Verbum – Casa das Palabras de Vigo coa colaboración de Ponte nas Ondas.
Estética futurista creada por medio dunha escenografía, vestiario e iluminación cunha atmosfera gris, metálica e extracotiá con diferentes espazos configurados por elementos modulares. Dramaturxia construída en base a textos canónicos da literatura galaicoportugesa de grandes autores como Camoes, Pessoa, Blanco Amor, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro…
Música en directo que fusiona instrumentos tradicionais con instrumentos urbanos e contemporáneos en temas tradicionais pasados por un son contemporáneo que dea unidade sonora á peza. Guitarra, baixo, zanfoña, saxo, frauta, loops electrónicos…
Filmaxe
Equipo
- En escena: Pepe Soto, Hugo Rodríguez e Manuel Polo
- Dirección: Fran Núñez e Nuria Gullón
- Dramaturxia: Mary Paz Alonso e Fran Núñez
- Espazo e iluminación: Fran Núñez
- Composición musical: Hugo Rodríguez
- E.S.P: Jose Manuel Núñez
- Bonecos: Pepe Soto
- Produción executiva: Fran Núñez
- Produción: Cris Alonso, Candi Álvarez e Rafael Costa