Quen somos
Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con 9 espectáculos producidos e máis de 400 representacións en España, Francia, Arxentina, Bolivia, Portugal, Uruguai e Brasil.
Limiar é o límite, a fronteira e por iso a compañía movémonos nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais.
Pesquisamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas.

