TEATRO 8D

Para percibir correctamente estas pezas os oíntes só terán que dispor duns audiófonos.

Sinopse

TEATRO EN 8D é un proxecto de teatro auditivo co sistema de son binaural. O proxecto nace co fin de achegar o teatro as persoas con cegueira. Unha forma diferente de achegar o teatro a través dos ouvidos.

O 8D ou tamén chamado estéreo binaural é un tipo de son estéreo que tenta recrear unha sensación de “son en 3D”, similar ao de estar fisicamente dentro do espazo, no que se está a producir os sons Diferenciase do son estéreo en que este reproduce o son nun rango de esquerda a dereita e en profundidade Chámase 8 D de oito direccións, que son o número de direccións que podemos percibir os sons nun espazo determinado No espazo sonoro podemos apreciar diante e detrás, arriba e abaixo, a esquerda e a dereita, o centro, mais lonxe ou máis preto, enriba de nós ou debaixo de nós as posibilidades son case infinitas con este sistema.

O interesante deste proxecto é poder “ver cos ouvidos” as diferentes pezas adaptadas a este sistema en 8D. Notar como as personaxes achéganse a nos, afástanse nos falan ao ouvido dereito as posibilidades son tantas e tan diversas que farán que as pezas estean o mais próximas ao efecto 3D, no caso das imaxes.

 

A MÚSICA NON AMANSA ÁS BESTAS VERSIÓN en 8D para persoas con cegueira

A música non amansa ás bestas é unha contradición da famosa frase da lenda de Orfeo, poeta e músico, na que se dicía que a súa interpretación coa lira era tan grande que podía amansar a feras, pero todos sabemos que a música non está feita para domar, nin amansar se non para comunicar e reflexionar.

“A música non pode parar unha bala, pero si deter a man de quen preme o gatillo”

Equipo

  • Dirección: Brais Iriarte
  • Dramaturxia e dirección: Brais Iriarte
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Produción sonora: Brais Iriarte
  • Audio créditos e proba de cascos: Lucía Sánchez

Obra realizada ao abeiro do fondo de proxectos culturais Xacobeo21 da Xunta de Galicia.

Datos básicos

  • Idiomas: Galego.
  • Duración estimada: 30 min. 56 seg.
  • Idade recomendada: maiores de 12 anos.
  • Requisitos:  Uso de auriculares
  • Recomendacións para persoas videntes: Pechar os ollos durante a reprodución.