VERBUM FAHRENHEIT

Verbum Fahrenheit é un espectáculo interactivo e didáctico baseado na novela Fahrenheit 451 que combina a narración, a música en directo, e os monicreques para contar a historia dos homes libro. A temática da peza vira sobre a importante relación que se establece entre a oralidade e a escrita e como existen pontes nun e outro sentido que fan que unha lingua se manteña viva.

Sinopse

Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse. Verbum Fahrenheit é un espectáculo coproducido por Limiar teatro e o Verbum – Casa das Palabras de Vigo coa colaboración de Ponte nas Ondas. Estética futurista creada por medio dunha escenografía, vestiario e iluminación cunha atmosfera gris, metálica e extracotiá con diferentes espazos configurados por elementos modulares. Dramaturxia construída en base a textos canónicos da literatura galaicoportugesa de grandes autores como Camoes, Pessoa, Blanco Amor, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro… Música en directo que fusiona instrumentos tradicionais con instrumentos urbanos e contemporáneos en temas tradicionais pasados por un son contemporáneo que dea unidade sonora á peza. Guitarra, baixo, zanfoña, saxo, frauta, loops electrónicos…

Filmaxe

Equipo

  • En escena: Pepe Soto, Hugo Rodríguez e Manuel Polo
  • Dirección: Fran Núñez e Nuria Gullón
  • Dramaturxia: Mary Paz Alonso e Fran Núñez
  • Espazo e iluminación: Fran Núñez
  • Composición musical: Hugo Rodríguez
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Bonecos: Pepe Soto
  • Produción executiva: Fran Núñez
  • Produción: Cris Alonso, Candi Álvarez e Rafael Costa

Preme

“Un amante de los espectáculos infantiles que ha trabajado con el CDG” (Entrevista a Fran Núñez)

La Opinión de La Coruña

“Verbum Fahrenheit en el Festival Ponte…na escena” “Ponte… na escena es la primera muestra de teatro que presenta en Galicia la obra de compañías brasileñas, gallegas y portuguesas. Verbum Farenheit, de Limiar Teatro, es la historia de dos convictos que comparten el mismo delito: leer.

CRTVG Televisión Gallega

“Verbum Fahrenheit nos habla de la relación que se establece entre la oralidad y la escritura y su importancia para que una lengua se mantenga viva”.

Camara Municipal Viana Castelo