CANTO CONTO!
Sinopse
Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.
Espectáculo especialmente deseñado para o público mais novo!
Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.
Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.
O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.
Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.
Prepárate para unha experiencia única onde a música, o teatro, a manipulación de obxectos e o humor combínanse nun espectáculo versátil e adaptable a calquera espazo.
Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!
Equipo
- Elenco: Iván López e Brais Iriarte
- Locución principal: Maika Aguado
- Locucións adicionais: Laura Nogueiras, Iván Davila, Iván López, Lucía Sánchez e Brais Iriarte.
- Dramaturxia e dirección: Iván Davila e Brais Iriarte
- Composición e produción musical: Brais Iriarte
- Estudio de gravación das locucións: La luthería
- Espazo escénico e escenografía: Lucía Sánchez López
- Iluminación e son en xira: Javi Quintana / Chucho González
- Equipo de produción: Limiar Teatro e Crémilo
- Deseño de cartel e deseño gráfico: Brais Iriarte e Lucía Sánchez
Datos básicos
- Idiomas: Galego/Castelán.
- Duración: 50 min
- Idade recomendada: +5años, Público familiar
- Requisitos escénicos de espazo: 4 x 4 m
Espectáculo modular adaptable ao espazo e a cada contido formativo requirido.
(infantil/primaria)
"NON PODEMOS CAMBIAR O CONTO PERO... PODEMOS FACER OUTRO"
Wangari Maathai
Foi a primeira muller en recibir o Premio Novel da Paz. Tamén fundou o Green Belt Movement, conseguindo que se plantaran millóns de árbores en África. Ademais, loitou contra a deforestación e a desertización
María Telkes
Foi unha científica húngara-estadounidense que creou o primeiro sistema de calefacción alimentado por enerxía solar. Tamén inventou materiais para almacenar enerxía solar e facer que os paneis solares sexan máis eficientes.
Lisa Dyson
É unha biofísica estadounidense que desenvolveu unha tecnoloxía patentada para converter o dióxido de carbono en alimentos e produtos de consumo útiles, en lugar de emitir gases daniños á atmosfera.
Christiana Figueres
É unha antropóloga, economista e analista costarriqueño. Foi nomeada secretaria executiva da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).
Colaborou no deseño dos principais instrumentos para facer fronte ao cambio climático e é unha promotora fundamental da participación activa de América Latina na Convención. No 2016 foi nomeada pola revista Time como un dos 100 personaxes máis influentes do mundo.
Rachel Carson
Foi unha bióloga mariña, conservacionista e escritora estadounidense que, a través da publicación de Primavera silenciosa en 1962 e outros escritos, contribuíu á posta en marcha do moderno movemento ecoloxista.
Susan Solomon
É unha química atmosférica estadounidense, que traballou durante a maior parte da súa carreira para a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica. Realizou contribucións importantes ao estudo do esgotamento do ozono. Tamén traballou para axudar a establecer políticas internacionais encamiñadas a reducir a emisión de gases contaminantes.
Temple Grandin
É unha zoóloga, etóloga e profesora estadounidense da Universidade Estatal de Colorado. Doutorouse en Ciencia Animal na Universidade de Illinois. A novembro de 2016, é profesora de comportamento animal na Universidade de Colorado. Ademais, é autora de libros como Thinking in Pictures e Interpretar aos animais.
Vandana Shiva
É unha científica ambiental india que traballou para protexer a diversidade biolóxica e cultural, e defendeu os dereitos dos agricultores e a agricultura sostible.
Natalie Jeremijenko
É unha artista e enxeñeira cuxa formación inclúe estudos en bioquímica , física , neurociencia e enxeñería de precisión . É un membro activo do movemento net.art e o seu traballo explora principalmente a interface entre a sociedade, o medio ambiente e a tecnoloxía.