ANAGNÓRISE

ANAGNÓRISE é o recoñecemento da traxedia, o encontro cunha verdade oculta que tivemos fronte o nariz. Unha historia de amor atemporal. Dos amores de xuventude que ninguén esquece, do primeiro amor. Nicolau marcha da casa para atopar un novo camiño que, paradoxo do destino, o levará de volta a casa. Saiu procurar e atopouse.

Sinopse

Anagórise é, dentro da produción literaria de Maria Victoria Moreno un dous seus maiores fitos. A obra foi seleccionada para a lista de honra da IBBY en 1990 e e dela venderonse decenas de miles de exemplares dende a súa publicación. Cun formato de road movie conta a historia de Nicolau, un mozo dunha vila das Rías Baixas que decide fuxir a Madrid facendo autostop. A muller que o recollerá, Xulia Andrade, terá máis que ver con el do que nunca podería imaxinar. O espectáculo preséntase sobre fragmentos do coche da protagonista despois do fatal accidente que desencadea a ANAGNÓRISE. Cada peza remitirá a un momento da historia: dende a parada a tomar pulpo ata o derradeiro café en Madrid. Con música en directo, mapping audiovisual e paisaxes sonoras a escena irá avanzando nunha viaxe imaxinaria entre Galiza e Madrid, nunha viaxe imaxinaria que construirá pontes entre Xulia e Nicolau. Momentos da viaxe e momentos pasados, memorias de Xulia e Nicolau que se van tecendo co prensente e as historias dos responsables de analizar o coche. En cada peza producirase unha anagnórise, un recoñecemento que permita o xogo escénico e a transmisión dos valores contidos nesta gran obra.

Filmaxe

Equipo

  • Elenco: Fran Núñez e Pedro Placer
  • Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla
  • Dirección: Fran Núñez
  • Dirección e composición musical: Brais Iriarte
  • Asesoramento mecánico: Daniel Alonso
  • E.S.P: Jose Manuel Núñez
  • Espazo: Tzisko Oliva
  • Iluminación: Paco Pacheco
  • Produción: Fran Núñez

Prensa

Limiar Teatro nos acercó a la obra de María Vitoria Moreno, con una propuesta novedosa y divertida, en la que incorpora el lenguaje audiovisual, las nuevas tecnologías y la música para atraer un público que, en su juventud, se muestra por lo común exigente y al que es difícil sorprender. La escenografía, el fragmentarismo en la elección de elementos de la obra, complementan la lectura de esa Anagnórisis que interpela el lector nuevo, al joven y la joven que están procurándose a sí mismos incluso. Limiar Teatro supo recoger la vigencia de esta novela que hoy sigue a ganar lectores!
Etikeles

Porto do Son

Preto de 200 alumnos/as do IES de Mos asistiron esta mañá á representación de Anagnórise a cargo de Limiar Teatro

Xornal21.es

Os rapaces de 4º da ESO fomos agasallados cun exemplar de “Anagnórise” de María Victoria Moreno, ( autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas), por parte da editorial Galaxia, así como coa interpretación do libro feita por Limiar Teatro. Eles presentáronnos a súa particular visión, moi ben traída, da historia de Nicolau e o seu amor de xuventude. Grazas a Galaxia e a Limiar Teatro porque nos fixeron soñar unha vez máis.
Colegio La Milagrosa

La Coruña