O CONTO DA AZUZAINA

Un espectáculo para todos aqueles que desexen abordar este tema dunha maneira lúdica e a través de mensaxes positivas acompañados dos seus fillos, alumnos ou pupilos menores. *Especialmente deseñado para alumnado de 2º e 3ª ciclo de primaria.

Sinopse

“O conto da Azuzaina” é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marca-lo compás da harmonía familiar. Un espectáculo no que Jose Carlos, Herminio e Fran experimentan a diversidade, sorprenden á tristeza con números de circo e crean melodías de superación. O conto da azuzaina é un espectáculo familiar que integra música en directo, malabares e manipulación de obxectos para tratar a temática da diversidade familiar dende una perspectiva lúdica e festiva partindo da seguinte pregunta. Que é una familia normal? A túa. Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo. Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para disfrutar en familia.

Filmaxe

Equipo

  • En escena: Herminio Campillo (Operario) e Juan Paños (Operario) e Fran Núñez / Txell Cabanas (Coordenador da imprenta)
  • Dramaturxia e dirección: Ana Carreira e Fran Núñez
  • Dirección musical: Jose Carlos Illanes
  • Iluminación: Fran Núñez
  • Asesoría psicopedagóxica: Santiago Hernández Abad
  • Asesoría científica: Mateo Peña
  • Produción: Limiar teatro, Esteoeste, Crémilo
  • Idiomas: Galego, Castelán
  • Público: Familiar (*2o e 3o ciclo de primaria en funcións escolares)
  • Duración: 50 min

Preme

El cuento de la Azuzaina es un espectáculo educativo que aborda temas sensibles como la orfandad, la adopción o el divorcio, normalizando los distintos modelos de familias que existen en la actualidad y apostando por la diversidad, la tolerancia y la empatía”.
Metropoli

El Mundo

“Malabarismo, magia, circo, música en directo, lenguaje de gestos… Las más variadas disciplinas se conjugan en El cuento de la Azuzaina para concienciar a los más pequeños de un pujante fenómeno tan natural como a veces polémico: la diversidad familiar”.
Guia del Ocio

El País

“El cuento de la Azuzaina” en el Circo Price

Faro de Vigo