SE FOSEN TURISTAS LEVARÍAN GAFAS
Se fosen turistas levarían gafas de sol (…) l O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Fran Núñez, fusiona o teatro e a música en directo de Brais Iriarte para reflexionar en clave de comedia sobre a nosa emigración pasada e futura. Faino a través das historias persoais dos artistas que integran o elenco, afondando no acontecido como metáfora do presente…. Santiago Galicia Exterior (31/10/2019)
Sinopse
Se fosen turistas levarían gafas de sol é o segundo proxecto da triloxía do espazo e do tempo, que se desenvolve dende hai cinco anos e no que investigamos sobre a memoria colectiva, a idea de ciclo, o concepto de progreso, espazo-territorio e tiempo.
O primeiro proxecto Pangeia (2014/2015) tomou como punto de partida os ciclos da tierra, os ciclos da sociedad e os ciclos na vida do ser humano.
O proxecto usa a emigración galega, concretamente a historia familiar de Fran e Brais, “os netos da Pacita”, de Limiar teatro. A partir da foto tomada no porto de Vigo o día en que se dividiu a súa familia, parte partiu cara América e parte ficou. Fálase da nosa memoria, da permeabilidade social, a identidade e o sentimento de arraigo. O espectáculo nace coma unha proposta de teatro documento autoficcional na que convídase a diferentes artistas a que compartan a súa memoria da emigración: a dos que marchan e os que quedan alí, a dos que reciben emigrantes, a das 2ª e 3ª xeracións e a dos que ficaron e non marcharon. Non obstante o foco non está en falar do presente, as conexións son tantas que é difícil que os pensamentos do público e artistas non enlacen coa emigración de hoxe.
Se fosen turistas levarían gafas de sol é un espectáculo no que, a través da palabra, a música en directo, o son, o movemento, a danza e o audiovisual se presenten en escena, pasaxes das nosas historias familiares ligadas ao exilio e a emigración. O fin é recuperar a memoria como metáfora do presente no que vivimos. Existe un paralelismo entre o que sucedeu con nós en décadas atrás, o que segue a suceder no mundo e, infelizmente, o que sucederá.
Filmaxe
Equipo
- Elenco: (Variará ao lo longo do proxecto, composto por 7 persoas ou máis que poden non ser actrices ou actores)
- Dramaturxia e dirección: Fran Núñez
- Dirección e composición musical: Brais Iriarte
- E.S.P: Jose Manuel Núñez
- Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez
- Equipo de produción: Carlos Martínez Carbonell e Fran Núñez
Prensa
(…) dramaturxia e dirección de Fran Núñez, fusiona o teatro e a música en directo de Brais Iriarte para reflexionar en clave de comedia sobre a nosa emigración pasada e futura.
Se fosen turistas levarían gafas de sol. Límites e memorias
(…)Personaxes e historias evocadas e invocadas polo relato de persoas de hoxe, dende o aquí e agora celebratorio e festivo de esta reunión teatral a que, como espectadoras e espectadores somos convocados. Coralidade e horizontalidade, sen protagonistas e antagonistas, sen dramas de ficción. Máis ben dende o xogo da recuperación da memoria, que é outra forma de ficción, asentada nunha certa base documental e testemuñal.(…)
'Se fosen turistas, levarían gafas de sol', de Limiar Teatro
Entrevista na Radio Galega a Fran Núñez
"Xuntos por Nadal en Matamá"
Entrevista na CRTVG a Maruja, Chelo, Pacita, Marti e Maggy Fernández, Fran Núñez e Brais Iriarte.
(…) Se fosen turistas levarían gafas de sol non é só unha peza emotiva e chea de beleza, senón que tamén é unha montaxe moi necesaria.
Critica Ana Abad Se fosen turista levarían gafas de sol
(…) Pódese facer unha festa partindo da nostalxia? A xulgar polo que propón a representación, a resposta é un rotundo si.
Chega a Bos Aires 'Se fosen turistas levarían gafas de sol' a emigración galega en clave de humor
vídeo na G24.gal
"Emigrar non pode ser un estigma". Falamos cos actores Fran Núñez e Manuel Coelho
Entrevista no programa Zig Zag na G24.gal